14 agosto, 2012

Coas miñas mans fixen hoxe un bocata de xamón e queixo, e collín, collín ......
Con elas estiven a tocar na guitarra, premendo nas cordas con intensa suavidade
Tamén con elas nadei; elas impulsáronme lonxe da praia ata onde xa non facía pé
Non esquecerei que me serviron de apoio para facer o pino (na casa de Ramón)
e para estirarme tan ben como puiden
e tocar o ceo coas puntas dos dediños dos pés
Abracei, sí   abracei con elas á miña nai e agradecínlle a súas palabras de apoio nestos momentos de ledicia e melancolía que serán rememorados con cariño
Coas miñas propias máns deixo eiquí unha mostra do que son
unha lumbre brillante
con tódalas letras. Queiman os sentimentos
fúndense por dentro, non hai volta atrás. De aquí en diante serei outro
un redactor en xefe, un ninguén que nada promete
unha xanela aberta, unha porta que  non pecha ben, un camiño entre ladeiras
un sendeiro cheo de pedras, un fogar para os viaxeiros sen leito, un rastro que seguir, un
espello fumeante...